O internet das mulleres berrando
Que che ensina o algoritmo se serías diagnosticada de histeria no século XIX?
Queridas❣️
Veño con tralla, non hai tempo para introducións. O pasado 9 de febreiro viralizouse un texto de Rebecca Jennings chamado "The Girl Internet and the Boy Internet". A tese é bastante sinxela: a experiencia en internet está determinada por un sesgo de xénero (obvio) e o Girl Internet é -textualmente- "onde pasan todas as cousas importantes". Sen subscribir totalmente o artigo de Jennings, hoxe vouno a utilizar de escusa para falar dalgúns temas que me fascinan e que descaradamente pertencen ao Girl Internet.
O primeiro deles é unha ramificación do Corecore. "Core" é un sufixo que utilizamos para encapsular unha estética, tendencia ou movemento. Pensemos no cottagecore para falar da vida no campo como algo aspiracional ou no normcore para nomear un estilo baseado en roupa básica e sen marcas. Co corecore estamos ante a versión meta, trátase da reflexión sobre a cantidade de información, tendencias e estímulos á que nos expoñemos a diario a través da superposición de imaxes. A mensaxe -polo menos a que chegou ao meu algoritmo- é en ocasións política, case sempre melancólica e ás veces esperanzadora. Para que o entendades mellor aquí e aquí tedes dous exemplos. Se queredes saber máis tamén podedes ver este video ler este artigo de Vice ou escoitar a Janira Planes neste episodio de Tardeo (a partir do minuto 56).
Internet é un almacén xigante de nichos e o corecore tamén ten os seus. A experiencia feminina en internet, concretamente respecto á nosa imaxe, á nosa xuventude, á nosa adaptación aos cánones, parécese moito, na miña opinión, a esto:
Enable 3rd party cookies or use another browser
Se algo fixo ben -creo que unha das poucas cousas- a última temporada de Euphoria é retratar a baixada aos infernos da personaxe de Sydney Sweeney erguéndose ás catro da mañá para completar unha rutina de skincare e maquillaxe diaria de horas antes de ir ao instituto. Por todo internet, as rapazas empezaron a utilizar irónicamente a Patrick Bateman coma exemplo das súas propias rutinas de mañá porque son, efectivamente, obra dun psicópata.
Neste mundo que hoxe di que tes que facer un buccal fat removal e mañá que mercar unha mascara labial de noite por 50€ -suspiro- traio un pequeno respiro chamado The Unpublishable. Jessica Defino é a autora desta newsletter e definese coma "pro-pel, anti produto". Coñecina en maio do ano pasado a través do artigo "How The '5-Minute Face' Became The $5,000 Face" no que explica coma a popularización da clean girl aesthetic -esas maquillaxes case imperceptibles que abogan por unha suposta naturalidadade- non só non está facendo que consumamos menos produtos se non que é incluso máis inalcanzable que modas anteriores aparentemente máis irrealizables coma o couturing. Hai unha explicación para esto: a clean girl aesthetic está sustentada nunhas rutinas e productos de coidados diarios que non todo o mundo pode permitirse -sexa por tempo, cartos ou ambas- e, en moitas ocasións, por procedementos quirúrxicos. En palabras de Defino “Minimal makeup, then, is maximal everything else”.
Este artigo e outros de The Unpublishable -que recomendo encarecidamente- axudáronme a cambiar a miña relación coa miña pel, co tempo que lle dedico e os cartos que me gasto nela. Fará algo máis de dous anos unha colega -se estás lendo esto Alicia, grazas- deume uns consellos para comezar a miña primeira rutina de skincare e dende aquel momento pasei por moitas fases e produtos. Agora acepto que preocuparte pola saúde da tua pel non ten que ter unha retribución estética e aprendín a ter coidado con confundir autocoidados con consumo e disciplina con obsesión.
Enable 3rd party cookies or use another browser
Enable 3rd party cookies or use another browser
Outra cousa que chama moito a miña atención no Girl Internet é que os videos con audios de mulleres berrando coma o inmediatamente superior reprodúcense sen parar. Neles relátanse relacións familiares traumáticas, historias de maltrato, TCAs e todo tipo de violencias. As etiquetas tamén se reproducen: female rage, femcel, villian era, channeling gone girl, female manipulator, man eater…. Pasamos da estetización da nosa tristeza á do noso enfado, convertímola así en algo consumible, o enfado coma marca persoal. Megan Nolan explícao neste artigo. “I don’t think female anger is any harder to fetishize and commodify than our sadness”.
A liberación catártica a partir do berro multiplicouse tamén na música, na televisión, no cine. A personaxe de Mia Goth en Pearl, a de Florence Pugh en Midsommar ou a de Carey Mulligan en Promising Young Woman funcionan en internet coma representacións dunha idea, totalmente separadas do contexto das súas películas. Se probades a poñer female rage no buscador de Spotify os resultados son numerosísimos. Aquí a miña aportación personal:
Esta playlist -na que vos invito a participar- ten uns requisitos moi concretos: cancións cantadas por mulleres que van subindo en intensidade e nas que nalgún momento cara a súa segunda metade escoitamos un berro (e non me vale calquer berro, pero anímovos a propoñer opcións), un berro de verdade, un berro liberador, un pouco esta enerxía. Pode parecer -e é- irónico que fale da simplificación e estetización do noso enfado para despois compartir esta lista, pero teño escusa. A súa orixe foi a miña hiperfixación coa súa primeira canción, Ptolomaea de Ethel Cain, unha tia simplemente incrible coa que quero pechar hoxe.

Hayden Silas Anhedönia -un nome xa incrible de por si- é coñecida polo seu nome artístico Ethel Cain. Filla dun pastor baptista e criada no entorno profundamente relixioso e conservador dun pobo de Florida, Hayden abandona a igrexa con 16 anos e sae do armario coma muller trans aos 20. No seu primeiro disco “Preacher’s Daughter” a persoa Hayden e a personaxe Ethel confúndense constantemente. Trátase dunha obra conceptual sobre a vida e morte de Ethel Cain na que se fala de relixión, abuso de substancias, amor (romántico pero tamén á familia e relixioso), trauma xeneracional, pobreza, abusos sexuais, sentirse atrapada no seu pobo natal e ata canibalismo. Ao longo do disco acompañamos a Ethel no luto polo seu pai, namorádose e rematando descuatizada e envelenando ao seu asasino canibal.
Preacher’s Daughter é un disco pesado, inclasificable e, estou convencida, o mellor que escoitei o pasado ano. Nel conflúen o indie pop, o slowcore, o goth pop, o dark ambient e mil cousas máis. Incluso o que indudablemente é o tema máis lixeiro do álbum, a popera American Teenager, comeza falando de coma o seu veciño militar morre na guerra durante a súa adolescencia. Cando Barack Obama meteu esta canción na súa lista de favoritas de 2022 o chiste facíase só.
Non teño máis que dicir, simplemente poñédeo e preparádevos para unha viaxe. Se queredes engadir capas de confusión podedes ler esta entrevista na que Hayden responde coma Ethel.
Acabo xa, que hoxe foi intensísimo. Se chegaches ata aquí, santa paciencia. 🙏🏼💝
PD. Estoulle dando un repaso rápido a isto na noite do sábado antes de prepararme para ir a ver á miña querida Elba en concerto. Se es afortunada ás veces crúzaste na vida con persoas cuxo talento supera todas as túas expectativas, a min pasoume con ela. Se tedes a oportunidade de vela en directo non a perdades, mentras tanto podedes escoitar aquí o seu primeiro disco.
PD2. O martes GQ sacou esta entrevista e este video de Jeremy Strong e reafirmou o obsesionada que estou co cerebro deste señor. Este era o impulso que faltaba para decidirme a facer un capítulo especial de Kendall Roy. Coming soon.
PD3. Aquí a Sara do futuro no domingo pola mañá. Todavía absolutamente destruída emocionalmente polo concerto de onte, repetireino ata o infinito: IDE A VER A ELBA.