Ola, amigas 💓
É xaneiro outra vez, esta newsletter comezou oficialmente fai un ano, xa están superadas todas as miñas expectativas de continuidade. Ás veces esquezo completamente que isto non habita só no meu ordenador se non que é algo PÚBLICO que CALQUERA pode ler. Unha cousa terrorífica sobre a que pensar porque o que fago aquí é o típico contido do que faría hate reading sen ningunha dúbida se o escribise unha persoa que me cae mal. Pero 22 posts máis tarde, aquí estamos, 2023 o ano no que perdín (lixeiramente) a vergoña.
Cando 2024 remate terei 30 anos e por suposto non pensarei noutra cousa durante os próximos meses. Chegar aos 30 tendo a vida que esperabas ter estaría fantástico se non esperases ter 800 vidas distintas ao longo dos anos. Aquí outra vítima da analoxía da figueira de Sylvia Plath en The Bell Jar, pasan os anos e as vidas posibles van reducíndose, pero as dúbidas seguen.
“I saw my life branching out before me like the green fig tree in the story. From the tip of every branch, like a fat purple fig, a wonderful future beckoned and winked. One fig was a husband and a happy home and children, and another fig was a famous poet and another fig was a brilliant professor, and another fig was Ee Gee, the amazing editor, and another fig was Europe and Africa and South America, and another fig was Constantin and Socrates and Attila and a pack of other lovers with queer names and offbeat professions, and another fig was an Olympic lady crew champion, and beyond and above these figs were many more figs I couldn't quite make out. I saw myself sitting in the crotch of this fig tree, starving to death, just because I couldn't make up my mind which of the figs I would choose. I wanted each and every one of them, but choosing one meant losing all the rest, and, as I sat there, unable to decide, the figs began to wrinkle and go black, and, one by one, they plopped to the ground at my feet.”
Por outra banda mentras medras inevitablemente ves á xente do teu arredor facelo tamén. É fascinante, de pronto ves quen ten un traballo estable do que estudou dende fai anos, quen sigue igual que no instituto, quen se obsesionou co ioga ou se fixo paulatinamente máis de dereitas, quen abriu unha newsletter para escribir de Barbie. Compararse, que angustia, outra cousa que deixar atrás este ano.
En fin, non me quero poñer confesional de máis, ao final todo o que pasa na miña cabeza dende fai meses resúmese nisto:
Enable 3rd party cookies or use another browser
Todo este rollo para dicir que ven por diante un ano que promete cambios, proxectos, ter menos tempo, perder un pouco a cabeza. Quero que esta newsletter siga viva e seguir entendéndoa coma ocio, os posts van a pasar a ser mensuais e máis específicos, menos recheo, máis temas dos que desfrute pensando e escribindo. Se tedes peticións teño DMs abertos, mil millón de grazas sempre por ler, se levas clickando aquí un ano es a mellor pero non me digas nada ao respecto que morro de vergoña.
Ata febreiro 💓