Amigas🤗
Último post do ano. 2023 foi moividiño, pasei moitísimo tempo en aeroportos (17 avións en total, ríome da pegada de carbono de Taylor Swift), tomei decisións que potencialmente cambiarán o meu futuro e escribín 21 veces por aquí sobre cousas que me obsesionan. Foi o ano (concretamente o mes pasado) no que por fin empecei a ter anuncios en Instagram coma o resto dos mortais e no que intentei sen moito éxito ter unha relación menos obsesiva con internet e co consumo cultural. Normalmente a segunda metade de decembro píllame a contrapé, inevitablemente fas balance e daslle moito á cabeza sobre o pasado, presente e futuro. Podo dicir, por primeira vez nuns cantos, que afronto o final do ano con optimismo1 e que teño moita curiosidade por ver que depara o futuro. Mentras tanto vouvos a falar do que molou, do que vai a molar e das miñas cousas favoritas de 2023.
Fai un ano prognostiquei isto e, está mal que o diga eu pero, acertei en todo. É decembro de 2023 e sígueche gustando ou interesando algo da segunda lista? Teño malas novas para ti2. Doume conta que as listas de INS e OUTS teñen moitas veces máis de desexos que de predicións e o seu valor principal é rexistrar o que tiñas na cabeza fai un ano. En todo caso a xente segue a mercar en Shein pero a ninguén lle importa xa a vida amorosa de Pete Davidson.
Vamos con este ano:
A cousa que menos me gustou en internet este ano foi sen dúbida cantísimo nos fixemos as tontas. Isto vai a ser potencialmente caótico, espero que me sigades. 2023 foi “o ano das mulleres no mainstream cultural” (todas as comiñas do mundo aquí). Taylor Swift está facendo o tour máis exitoso da historia da música, a película de Barbie bateu non sei cantos records, todas nos vestimos de rosa, todas levamos lazos no pelo. En internet apareceron cousas coma girl math -que risa, non sabemos sumar- ou girl dinner -que risa este desorde alimenticio- ou rapazas explicando a recesión usando o prezo dos cocktails. Non me esixas responsabilidades, só son unha 20-something teenage girl, eso sí, unha tía chulísima. Se “solo soy una chica”, a quen lle vai a importar a miña opinión?. O bimboísmo é un cancro a extirpar, a volta á pretenciosidade3 é a cura.
Na moda, o estilo coquette inundouno todo. A piori unha gran nova para min coma fan de Lana del Rey, Sandy Liang, dos lazos e das perlas. Echeuse todo de rosa pastel, vestidos con siluetas moi marcadas, faldas moi curtas. Os referentes máis repetidos son personaxes coma As Virxes Suicidas ou Lolita, empezase a atisbar o problema?.
Separar estética de significado simbólico e incluso político é imposible. Estes días fashion twitter entraba en guerra despois de que Rian Phin -escritora de moda listísima- falase da evidente relación entre o estilo coquette e a sexualización e infantilización da feminidade. A primeira reacción na súa contra foi o típico “deixanos disfrutar, non é tan profundo”. Pero todo ten profundidade se te molestas en vela. Que o trend viral diga “this is me if you even care” e un obxecto inanimado cun lazo é unha broma pero tamén unha idea poderosa. A fetichización do uniforme de colexio non deixa de existir porque non o queiramos ver, tampouco a dos peinados infantís. A critica aquí non trata de dicirche o que tes que poñerte se non de esixirte certa capacidad de análise á hora de adscribirte a unha moda. No meu caso personal isto tradúcese en que seguirei poñendo lazos no pelo e faldas curtas pero sen disfrazarme de colexiala no proceso. Complicado explicar isto sen parecer xulgona, cada un que se vista como queira pero deterse a pensar nas modas que seguimos e as ideoloxías que veñen da man delas nunca está de máis. Unha vez máis, stop facerse as tontas.
A modo de curiosidade, este fío interesantísimo onde se explica que os lazos non eran orixinalmente un símbolo de feminidade. A carga simbólica que lle damos á roupa e coma se vai transformando, unha cousa fascinante.
Por certo, se queredes un argumento definitivo para a morte -temporal- do coquette, aquí o tedes.
Que quero dicir con todo isto?. Que coma ex pick me girl reformada, a apreciación e reivindicación da feminidade e o feminino é un aspecto fundamental da miña forma de entender o feminismo, o que non o é? facerme a parva nin infantilizarme. Tampouco confundir ser muller con vestir de rosa nin someter a túa identidade a ningunha moda de internet.
Por iso se teño que acertar algo nesta lista que sexa facer cool ser listísimas outra vez, vestide de bibliotecarias de Miu Miu, lede ensaios super específicos dos temas que vos interesen, libros gordos, películas que teñan máis de vinte anos, volta ao clásicos!. Discutide moito, facede valer a vosa opinión e, se queredes, levade un lazo no pelo mentras facedes todo isto.
Por outro lado ides a volver a beber leite enteiro e a poñer pantalóns pitillo, estou convencida (non quero escoitarvos, falamos nun ano).
Ata o ano que ven, amigas. Boas festas a todas e lembrade non poñer microplásticos nesas caras guapas ❤️
A última cousa que fixen antes de empezar a escribir este post foi apuntarme a un curso chamado “Excel Avanzado”, é posible que non sexa optimismo e que perdese a cabeza directamente.
Podo excusar os daikiris e nada máis.
Para os estádares de Internet, enténdase.